Proxecto sobre xénero

Como sabemos que a base e o pilar para que non se den desigualdades de Xénero comeza con educar en igualdade e reflexionar sobre as  inxustizas, o alumnado do ciclo superior en integración social decidiu reflexionar cos mais peques do cole a través dunha pequena obra teatral,  sobre as nenas que non queren ser princesas e as princesas que non teñen por qué ser rosas.

As cores non entenden de xénero, as cores, son cores.

Os maiores do cole queremos que cada neno ou nena sexa libre de decidir, de confiar en si mesmo e de respeitar as diferenzas e a diversidade, na maneira de pensar, de vestir, de querer…

Crecer na diversidade fará que sexamos uns adultos respetuosos cos demáis e vivamos nun mundo mellor.