O alumnado de 5º de Primaria aprende e reflexiona sobre a seguridade vial.

O pasado luns, o alumnado de 5º de Primaria, recibíu a visita de Pablo, policía municipal de Vigo. Con el reflexionaron e afondaron no seu comportamento coma peóns e a importancia deste, as partes da vía, os elementos que interveñen na seguridade… Pablo lembroulles que non só teñen que facelo, tamén teñen o deber cívico de ser “educadores viarios” na súa contorna máis próxima.

Álbum

1º de Primaria descubrindo América

Na clase de Primeiro de primaria investigamos e traballamos sobre o descubrimento de América, a vida de Cristóbal Colón, froitas e alimentos traídos do novo continente, obxectos utilizados nas diferentes viaxes e coñecemos as diferentes carabelas.

Traballamos co mapa mundi, co globo terráqueo, con contos interactivos e un pequeno dossier de actividades.

E o máis importante, aprendemos mentres nos divertiamos e traballabamos en equipo.

Álbum