Visitamos ás alumnas Erasmus+ nos centros de prácticas de Portugal

Os días 19 e 20 de abril Lorena, Marta e Diego (profesores en 2º de Integración Soical) visitaron Portugal. O obxectivo da viaxe era coñecer “in situ” o desenvolvemento das prácticas de dúas alumnas que grazas ao programa Erasmus+ están a facer a FCT en Porto e Lisboa.

A primeira parada foi en Porto, en concreto na freguesía de Rio Tinto para coñecer o traballo do proxecto “A escolha é Tua” (www.programaescolhas.pt). Alí fomos recibidos por Miguel Pereira, responsable do programa e titor de prácticas dunha alumna. “A ecolha é Tua” traballa con crianzas e adolescentes dende o comunitario. Unha iniciativa moi activa e dinámica que realiza dende o tempo de lecer moitas actividades.

A nosa seguinte parada foi Lisboa. Alí temos outra alumna de Integración facendo prácticas da man do Erasmus+ en CASA – Centro de apoio ao Sem Abrigo (casa-apoioaosemabrigo.org). André Correia o titor de prácticas, presentou o traballo desta entidade. Amosounos as instalacións desta entidade que atende ás persoas sen fogar nas rúas da capital. Cada noite reparten case 500 racións quentes de comida ás persoas en situación de rúa e ao mediodía nun espazo ofrecen tamén 90 racións de comida.

Agradecemos á acollida de ambos centros e agardamos seguir o contacto en cursos vindeiros.

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s