Moitas Grazas María Teresa.

(Actualizado o 5 de xuño de 2017)

Onte despedimos á nosa querida directora María Teresa, que nos deixa despois de 12 anos de dedicación. Velaquí as verbas que lle dedicou a nosa compañeira do Claustro Lola Louzao e que amosan a sentir de todos nós:

“Martes, 13 de xuño do 2017, duro día de traballo: clases en Secundaria ata as dúas e media. Ás catro e media, avaliación de Primaria. Ás seis, reunión todos na biblioteca. Ás seis e media, despedida de cuarto curso da ESO. Pensei que algo importante sería para nos xuntar todos nun día así complicado na biblioteca e a esas horas. O que nos comunicaches foi o teu cambio.

En media hora eu quería pedirlles aos alumnos e alumnas de cuarto que se detiveran un intre para reflexionar sobre o valor dos finais. Dicirlles que estes eran polo xeral momentos tristes e difíciles, pero necesarios e útiles.

Estáballes falando a uns mozos que están comezando o seu percorrido pola vida e que precisan ter moitos finais, porque lles serán necesarios e útiles. Pero a medida que nos facemos maiores, os cambios van sendo cada vez máis difíciles de dixerir; supoño que forma parte da natureza humana. Eu, persoalmente, non precisaba este cambio, máis ben me resulta triste e difícil.

Cada gran cambio na vida fainos tomar conciencia de que algo remata e xa non volverá ser nunca como antes.

Os que estamos hoxe aquí contigo fomos e somos o teu EQUIPO.

Queremos expresarche a nosa gratitude por ter compartido con todos nós non só traballo, senón tamén moitos momentos de ledicia e algún que outro de moita dor.

Aquí estamos contigo, con todas esas lembranzas comúns compartidas.

É un bo intre para darche GRAZAS:

Grazas pola túa loita por cambiar a especialidade dos Programas de Garantía Social para que estes resultasen máis atractivos cara ao alumnado e deste xeito aumentar a súa demanda.

Grazas por loitar polos concertos en FP.

En FPB, aínda que nós nos mobilizamos, as primeiras xestións foron túas. Isto supuxo que eses alumnos, que, como ti dis, “veñen coa mochila cargada”, poidan rematar a etapa aquí. E, como consecuencia, temos máis oportunidade de traballo para o profesorado.

Somos sabedores tamén do orgullosa que te sentes do plurilingüismo. Cada vez que escribimos agora o nome do colexio nun documento, ben te encargas de engadirlle o adxectivo PLURILINGÜE: Colexio PLURILINGÜE San José de la Guía.

Grazas por permitirnos harmonizar a nosa vida familiar, persoal e laboral, primando sempre a persoa por riba de todo o demais.

Somos conscientes tamén de que, se non fose pola túa consideración, teriamos que asumir tarefas que, segundo ti dis, o teu profesorado nunca faría mentres foses a nosa directora.

Grazas polos teus empuxes e esforzos para que nos implicásemos na adaptación aos novos tempos, non só na nosa formación, senón tamén nas instalacións e todo o que iso leva consigo. Hoxe, as aulas e os corredores teñen máis luz.

Grazas pola túa cercanía e a túa escoita. Os profesores botarémolo en falta, pero, sen dúbida ningunha, os que máis o sentirán, serán os nenos e as nenas.

Gústanos moito ver o agarimosa que es con todos eles, sobre todo cos máis pequenos. No futuro, terán lembranzas dun colexio feliz, do que ti formas parte:

No envejecerás jamás,

amiga, hermana, maestra,

siempre como un Padre Nuestro

en boca de algún chaval.

Te han robado el corazón

los muchachos en la escuela.

Ellos pasan, tú te quedas.

Tú me enseñaste a volar.

Canción que nos lembrará sempre a ti e a outras persoas, que hoxe están aquí con nós no noso recordo, compartindo este momento contigo.

Moitísimas grazas por sentirte sempre orgullosa do teu profesorado, como ti sempre dis. É un recoñecemento para todos nós.

Levamos doce anos traballando e compartindo xuntos. Posiblemente nunca esqueceremos o último día do mes de xuño do 2005 e o do xuño do 2017.

Moitos dos que aquí estamos temos cousas que agradecerche a nivel persoal. Eu, en concreto, contei sempre coa túa escoita e apoio en momentos difíciles, que non foron poucos.

Deixas o colexio repleto de alumnos e alumnas en todas as etapas educativas: “As cousas, primeiro e antes de que sucedan, hai que soñalas”.

Que feliz e satisfeita te debes sentir por estes e outros logros!!!!!!

Mereces descansar e ter tempo para ti, Teresa”

Álbum

María Teresa, a continuación, dirixiuse a nós con estas fermosas verbas:

“Hoy me preguntaba, ¿Cuánto tiempo?

Será porque: estuve rodeada de profesores muy capaces,…

Porque me dediqué plenamente a mi trabajo,…

o porque tuve suerte… y bueno,

creo que habrá sido un poquito de cada cosa,

pero también hubo algo muy importante

que fue la educación que me dieron mis padres basada en los valores del amor, el respeto y la humildad.

Y por supuesto algo importante, la vida misma y una institución que me ha permitido estar y ejercer la tarea educativa siento docente de alumnos y alumnas de distintas edades y sus familias y poder acompañarles en su crecimiento.

El tiempo compartido con vosotros y con alguien más que hecho en falta nombro a Blanca, ha sido muy intenso para mi.

Lo viví y lo vivo como un reto y con la energía del comienzo. Como quien paladea los instantes finales de una felicidad inefable e irrepetible.

Dejo vida y me llevo vida.

Profes os agradezco haber sido la invalorable tripulación en este barco cuyo timón tomé.

Hoy cedo este timón con orgullo a Antonio, mientras pido a todos que le brindes la mayor colaboración.

Habrá de todo… lo importante es no abandonar la barca, en ella navegan las generaciones del futuro, tenemos la obligación de que arriben a buen puerto.

Al irme, me llevo lo mejor, el orgullo de haber dejado mi huella creada con las pinceladas de cada uno de vosotros, porque me llevo la de todos vosotros en mi ser.

Profes, ¡Gracias!”

En nome de todo o teu equipo docente:

MOITAS GRAZAS!!!!

One thought on “Moitas Grazas María Teresa.

  1. Teresa, siento mucho no haberme enterado antes de tu marcha y poder despedirme de ti en persona.

    Aunque apenas nos hemos conocido, quiero agradecerte tu trato, y tus consejos, gracias a ti y al colegio mi hijo Samuel vuelve a ser un niño feliz, aunque este curso aflojó y tiene que repetir, pero lo mas importante es que el vuelve a sonreir. Gracias

    Like

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s