Visita ás instalacións deportivas do R.C.Celta de Vigo

Este pasado venres, os cursos de primeiro e quinto de primaria, asistiron, a través da Fundación, a un adestramento a porta pechada do Real Club Celta de Vigo nas instalacións de A Madroa.
Pasamos unha mañá moi entretida onde vimos todo o adestramento e ademais, parte do equipo técnico pediu que baixasemos ao campo para estar en contacto cos xogadores. Tanto o equipo técnico como os xogadores foron moi atentos con todos nós, recalcando a importancia dos hábitos saudables desde pequenos, a importancia de facer deporte (calquera que sexa que nos encha), tamén a importancia dos idiomas, posto que algúns dos xogadores non son hispano falantes e polo tanto deféndese co inglés, e remarcaron moito o fundamental que é o traballo en equipo, o axudarnos e respetarnos a nós mesmos e aos demáis para poder conseguir obxectivos. Compararon o seu traballo co seu entrenador como o noso día na aula cos nosos profes.
Ademais de todo iso, vivimos un momento moi emotivo, un dos alumnos de quinto non puido evitar emocionarse ao ver ó seu ídolo Daniel Wass, que lle deu a súa camiseta e un autógrafo adicado persoalmente, todo un detalle que non  esquecerá.
Despois de estar xuntos, aproveitamos e esperamos a saída dalgún deles onde se pararon e asinaron e adicaron atencións aos máis pequenos.

Álbum

Moitas gracias equipo.

Tania España

One thought on “Visita ás instalacións deportivas do R.C.Celta de Vigo

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s