Os alumnos do San José finalizaron o Camiño Solidario contra o acoso escolar cun gran recibimento na Praza do Obradoiro

IMG-20170521-WA0003.jpgVinte escolares fixeron o Camiño para formarse no proxecto “Quéroche tanto” e para recadar fondos para construir un aula de infantil no Perú Os alumnos e alumnas do colexio plurilingüe San José de la Guía finalizaron hoxe o seu Camiño de Santiago Solidario tras percorrer seis etapas do Camiño Portugués entre Tui e Compostela. Ao chegar á Praza do Obradoiro agardávalles un gran recibimento das súas familias e da comunidade educativa, que cunha grande pancarta quixeron amosarlles o orgullosos que estaban deles por ter chegado ao final do seu reto solidario.

A andaina que iniciaron o pasado martes vinte nenos e nenas, acompañados de varios docentes, tiña o dobre obxectivo de servir para que se formaran como axentes do proxecto contra o acoso escolar “Quéroche tanto…” e tamén o de recadar fondos para axudar á construción dun aula de infantil no Perú, a través da ONG Taller de
Solidariedad.

O proxecto de innovación educativa “Quéroche tanto…”, que ven de poñer en marcha o colexio San José de la Guía, está dirixido á prevención do acoso escolar a través de diferentes actuacións que xa empezaron este curso e que se van desenvolver na súa totalidade ao longo do vindeiro. Os vinte escolares de 6o de Primaria, 1o, 2o e 3o da ESO que fixeron o Camiño foron elixidos polos seus propios compañeiros e compañeiras polas súas actitudes de solidariedade, axuda aos demáis e compañeirismo. Ao longo estes días de Camiño traballaron valores como o esforzo, a solidariedade, a axuda aos demáis ou o compañeirismo. En cada xornada afondaban sobre cada unha das cuestión concretas do programa “Quéroche tanto…” dos que eles serán o vindeiro curso “Axentes-Embaixadores”.

A iniciativa contra o acoso escolar deste centro das servas de San José ten como obxectivo erradicar calquera actitude de discriminación, falta de respecto, violencia ou desconsideración con calquera membro da comunidade educativa, especialmente no que atinxe ás relacións entre o alumando.

En canto á achega de fondos para a construcción dun aula de infantil no Perú, os rapaces e rapazas buscaron patrocinadores que apoiaran economicamente a realización do Camiño Solidario entre os seus familiares, amigos e tamén establecementos comerciais e empresas do barrio de Teis. O recadado entregarase á ONG Taller de Solidaridad, que será a encargada de construir o novo espazo educativo.

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s