O alumnado do colexio San José iniciou hoxe o Camiño Solidario no que se formarán contra o acoso escolar

Vinte nenos e nenas do colexio San José de La Guía, acompañados de varios docentes, iniciaron hoxe en Tui o II Camiño de Santiago Solidario. Esta iniciativa ten un dobre obxectivo, xa que o Camiño vai servir para que estes nenos e nenas se formen como axentes do proxecto contra o acoso escolar “Quéroche tanto…” que o centro vén de poñer en marcha, pero ademais a través do recadado como apoio á andaina van axudar a construción dun aula de infantil no Perú, a través da ONG Taller de Solidariedade.

“Quéroche tanto…” é un proxecto de innovación educativa que ten como obxectivo a prevención do acoso escolar. Os vinte escolares de 6º de Primaria, 1º, 2º e 3º da ESO que están a facer o Camiño foron elixidos polos seus compañeiros e compañeiros por se ter destacado este curso polas súas actitudes de solidariedade, axuda aos demais e compañeirismo.

Hoxe, a primeira hora da mañá, saíron de Tui coas mochilas cheas de ”gañas e ilusión”, segundo sinalaron. Está previsto que o sábado cheguen a Santiago despois de percorrer cinco etapas do Camiño de Santiago Portugués.

Estes días serán tempo para que os nenos e nenas traballen valores como o esforzo, a axuda aos demais, o compañeirismo ou a solidariedade, xa que todos eles están moi presentes na realización do Camiño. Ao remate de cada xornada tamén haberá un momento para afondar nas cuestións máis concretas do programa “Quéroche tanto…” dos que eles serán o vindeiro curso “Axentes-Embaixadores”.

Con esta iniciativa contra o acoso escolar o colexio San José de La Guía pretender a erradicar do centro calquera actitude de discriminación, falta de respecto, violencia ou desconsideración con calquera membro da comunidade educativa, especialmente no que atinxe ás relacións entre o alumando.

IMG-20170516-WA0002

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s