O colexio San José desenvolve o proxecto de innovación educativa “Quéroche tanto” contra o acoso escolar

IMG-20170511-WA0001 (1)É unha iniciativa dirixida a previr as actitudes violentas e favorer valores solidarios e de compañeirismo no ámbito escolar vinte escolares formaranse como axentes do proxecto durante o II Camiño Solidario, co que queren recadar fondos para un aula de infantil no Perú.

O colexio San José de La Guía está a desenvolver o proxecto de innovación educativa “Quéroche tanto…” que ten como obxectivo a prevención do acoso escolar. A directora do centro, Teresa Pérez, explicou na presentación do proxecto que esta iniciativa xurdiu para dar resposta a unha necesidade patente na nosa sociedade diante das actitudes e actos violentos que acontecen no ámbito escolar. Teresa Pérez sinalou que actuar contra o ocaso escolar non é so ter protocolos de actuación preparados para respostar cando se produce un feito deste tipo, senón que é necesario actuar antes de que acontezan. Con esa finalidade o centro decidiu poñer en marcha este pioneiro programa, que xa foi presentado a unha convocatoria de premios de innovación educativa en Galicia.

O coordinador do proxecto, Santiago Domínguez, indicou que “Quéroche tanto” é unha iniciativa dirixida a erradicar do centro calquera actitude de discriminación, falta de respecto, violencia ou desconsideración con calquera membro da comunidade educativa, especialmente no que atinxe ás relacións entre o alumando.
O proxecto é transversal, implica á toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado, familias e persoal non docente), e forma parte do obxectivo xeral docente do centro. Todas as accións que inclúe están dirixidas a fomentar entre os nenos e nenas o compañeirismo e os valores solidarios.

As primeiras medidas xa se puxeron en marcha e consistiron na elección por parte do alumnado de cinco compañeiros e compañeiros por curso de 6º de Primaria, 1º, 2º e 3º da ESO que se teñen destacado este curso polas súas actitudes de solidariedade, axuda aos demáis e compañeirismo. Eses 20 rapaces serán o vindeiro curso “embaixadores-axentes Quéroche tanto”, para o que recibirán formación ao longo do II Camino Solidario San José de La Guía, que este ano recadará fondos para a construción dun aula de educación infantil no Perú, segundo explicou Marta Bautista, responsable en Vigo da ONG Taller de Solidaridad. Serán cinco etapas entre Tui e Santiago, que percorrerán do martes 16 ao domingo 21 de maio.

O vindeiro curso o proxecto desenvolverase en todo o centro con diferentes accións como a creación de espazos nas aulas para amosar os valores e características positivas dos alumnos e alumnas ou a elección quincenalmente de catro “Axentes Quéroche tanto” encargados de vixiar que no recreo non se produzan as accións prohibidas, que son pegar, insultar ou rirse de alguén. Santiago Domínguez explicou que si se chega a producir algunha acción de gravidade suspenderase o recreo e se nun mes non hai ninguna o alumnado será premiado cunha hora de recreo extra.
A nivel individual todo o alumnado terá o seu caderno “Quéroche tanto” no que terá que anotar quincenalmente tres acción que fixo para axudar a outro compañeiro ou compañeira e a resposta recibida. O incumprimento dos obxectivos suporá a realización dunha tarefa social de axuda aos demais e ao final de curso os que cumpran todas as acción de axuda Terán 0,5 puntos extra nas súas cualificacións.
O proxecto afectará tamén a imaxe do centro. Na entrada instalarase unha pancarta con lema “Entramos no espazo Quéroche tanto” e haberá tamén sinais co símbolo de dirección prohibida coas frases “Non se permite pegar”, “Non se permite insultar” e “Non podemos rirnos de ninguén”. Nas aulas estarán presentes os lemas do proxecto e no muro do patio pintarase un gran mural coa frase “Quéroche tanto… que nunca che pegarei, que nunca che insultarei, que nunca rirei de ti”.

A nova publicada en La Voz de Galicia > http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/vigo/2017/05/11/colegio-guia-crea-proyecto-queroche-contra-acoso-escolar/00031494503663024932508.htm

E a nova publica no Faro de Vigo > http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2017/05/12/deberes-acoso-escolar/1677621.html

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s