Camiño de Santiago Solidario.

Esta semana puxemos en marcha todo o traballo que nos permitirá a realización dun Camiño de Santiago Solidario. Mandouse a todas as familias unha circular na que se explica o por que deste camiño, quen participa, como podemos colaborar e cando será. Deixámosvos aquí a copia da mesma para que poidades revisala:

Vigo 25 de abril de 2017

Estimada familia:

Desde o colexio queremos poñer en marcha o Camiño de Santiago Solidario por segunda vez, despois da experiencia tan positiva vivida o curso pasado.

Este curso queremos aproveitar esta actividade para unila a un Proxecto de Innovación Educativa de prevención do acoso escolar: “QUÉROCHE TANTO”, que xa foi presentado ao profesorado do Centro.

Este é un proxecto ambicioso e pioneiro en toda a comunidade educativa galega, que tentará poñer en marcha toda unha serie de actividades programadas, este e o próximo curso escolar 2017-2018, para involucrar a toda a comunidade educativa, na procura dun ambiente escolar no noso Centro, que favoreza a interrelación de todas as etapas educativas, a posta en valor das actitudes solidarias e de compañeirismo para crear un Colexio onde o positivo e valoración dos demais sexan algo que vaia máis alá do propio rendemento académico.

Implicarémosvos a vos familia, a todo o profesorado, o persoal non docente, o persoal que colabora co colexio en servizos e actividades e a todo o alumnado e tamén ao noso entorno social.

Dende do noso Proxecto Educativo de centro, empeñamonos en dar a mellor resposta educativa o noso alumnado en cada momento, e este proxecto ilusionante ven a reforzar esto con un claro obxectivo: eliminar do noso Colexio calquera actitude de discriminación, de falta de respecto, de burla, de violencia e mesmo de desconsideración con calquera dos que formamos parte da nosa comunidade educativa, facendo especial fincapé no que afecta ás relacións entre o alumnado.

A relación que este ano queremos establecer entre o noso Proxecto do Camiño de Santiago Solidario e este proxecto é que o alumnado de 6º.EP, 1º,2º e 3º.ESO elixan a 4 compañeiros/as que segundo eles/as sexan os que máis

destacaron durante o curso polas súas actitudes de solidariedade, compañeirismo, etc. e teñan contribuído a unha axeitada relación entre todos, e

se significaran pola súa axuda constante aos demais. O/a titor/a destes cursos supervisa esta elección e engade un/a alumno/a máis.

O alumnado contará cuns bonos de axuda para poder buscar patrocinadores dos custes que terán que aportar, involucrando tamén, como se fixera o curso pasado a comercios da zona. Aos que se lle agradecerá tamén públicamente a súa colaboración.

Estos bonos tamén se poden adquirir na recepción do colexio.

O diñeiro sobrande da financiación dos gastos do camino vai destinado a un proxecto da ONG- TdS Taller de Solidaridad.

Tras apoiar o ano pasado a construcción da aula de secundaria no Amazonas peruano, no Colexio San José de Chiriaco, que formaba parte da iniciativa “Aulas para el futuro” do Taller de Solidaridad, este ano todo o recaudado no Camiño de Santiago se destinará a construcción dunha nova aula de infantil. Grazas a cual nenos e nenas aguarunas e huambisas, de 3 a 5 anos, poderán ter mellores oportunidades educativas, promovendo un crecemento natural e un desenvolvemento saúdable normal. 

Taller de Solidaridad, TdS, nace da man das Siervas de San José(Josefinas) e dende 2001 está presente en 13 países de 4 continentes, colaborando con máis de 160 proxectos que beneficiaron a máis de 216.000 persoas. En España grazas a máis de 150 voluntarios e voluntarias promoven campañas de Sensibilización e o Comercio Xusto.

Os/as 20 alumnos/as formarán parte do II Camiño Solidario Colexio San José de la Guía.

Este alumnado durante o Camiño recibirá una ampla información e formación sobre o proxecto QUÉROCHE TANTO, xa que logo no vindeiro curso serán nomeados EMBAIXADORES-AXENTES do Proxecto no noso Colexio.

Isto está iniciado, contamos coa vosa colaboración a que agradecemos.

Un saúdo cariñoso

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s