Equipo de Normalización Lingüística do noso centro.

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

No Colexio Plurilingüe San José de la Guía, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega ten un papel fundamental no deseño, posta en práctica e revisión do plan de promoción da lingua galega.

Está supervisado pola dirección do centro, e formado por profesorado, un representante do alumnado de E.S.O. e un representante do PAS.

A principio de curso planifican os obxectivos e actividades a desenvolver en cada nivel educativo, aportando recursos para o profesorado, o alumnado e as familias.

OBXECTIVOS XERAIS E LIÑAS DE ACTUACIÓN PARA O FOMENTO DA LINGUA GALEGA.

Facemos nosos nesta epígrafe os obxectivos xerais do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega cando di que cómpre:

  • Garantirlle a posibilidade de vivir en galego a quen así o desexe, sabendo que conta co amparo da lei e das institucións.

  • Conseguir para a lingua galega máis funcións sociais e máis espazos de uso, priorizando a súa presenza en sectores estratéxicos.

  • Introducir na sociedade a oferta positiva de atender o cidadán ou cliente en galego como norma de cortesía dun novo espírito de convivencia lingüística.

  • Promover unha visión afable, moderna e útil da lingua galega que esfarele prexuízos, reforce a súa estima e aumente a súa demanda.

  • Dotar o galego dos recursos lingüísticos e técnicos necesarios que o capaciten para vehicular a vida moderna.

Así mesmo os obxectivos nos nosos plans anuais están orientados polos obxectivos do PXNL para o ensino:

  • Asegurar a galeguización de todos os niveis do sistema educativo, tanto no ámbito docente coma no das relacións interpersoais entre os distintos membros da comunidade educativa.

  • Fomentar a transmisión da lingua galega no ámbito familiar.

  • Habilitar dentro da cultura xuvenil espazos de uso para o galego, a través dunha oferta de produtos de demanda masiva no eido da cultura e do ocio.

  • Fomentar entre a mocidade os valores funcionais, identitarios e diferenciais da lingua galega.

Estes obxectivos están desenvolvidos no Plan de dinamización lingüística do Centro.

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s