Proceso de admisión de novo alumnado para o curso 2018 – 2019.

Deixamos neste artigo a información de todo o proceso de admisión de novo alumnado e renovación de prazas para o vindeiro curso 2018 – 2019.

aula_1ESO

Proceso de admisión curso 2018/19

Deixamos neste artigo a información de todo o proceso de admisión de novo alumnado e renovación de prazas para o vindeiro curso 2018 – 2019.

1-NORMATIVA REGULADORA

  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • DECRETO 254/2012, de 13 de diciembre, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bachallelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación.

  • ORDEN de 25 de enero de 2017 por la que se modifica la Orden de 12 de marzo de 2013 por la que se desarrolla el procedimiento para la admisión del alumnado en centros docentes sostenidos con fondos públicos que impartan enseñanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria y de bachillerato reguladas en la Ley orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de educación.

2- CALENDARIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O CURSO 2018/19

Reserva de praza

3 – 15 de febreiro

Sorteo público a efectos de desempate

Última semana de febreiro e antes do 1 de marzo

Publicación de postos escolares vacantes

Antes do 1 de marzo

Presentación de solicitudes de admisión

01 – 20 de marzo

Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremación

10 días hábiles contados a partires dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas.

Antes do 25 de abril

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas.

Antes do 15 de maio

Formalización da matrícula en educación infantil e primaria.

20 – 30 de xuño

Formalización de matrícula en eso.

25 de xuño – 10 de xullo

Prazo extraordinario de formalización de matrícula en eso

1 – 10 de setembro

3- XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

A xornada de portas abertas desenvolverase durante a primeira quincena do mes de febreiro, os días:

Martes día 6 de febrero

09:00h

18:00 h.

Xoves día 8 de febrero

10:30 h

Xoves día 15 de febrero

10:30 h

Para efectuar esta visita ao centro, de xeito personalizado, deben chamar ao teléfono 986 376 153 do Colexio, confirmando a hora, que vostedes elixan, para ser atendidos.

Agardámosvos!

4- PERIODO DE ADMISIÓN

O procedemento e prazos de reserva e de admisión do alumnado son:

4.1 ALUMNADO MATRICULADO XA NO COLEXIO

Vos enviaremos a través dos titores a ficha de actualización de datos: Rogamos que a entreguedes antes do día 16 de febreiro

4.2. ALUMNADO NOVO

4.2.1. Presentación de solicitudes do 1 ao 20 de marzo.

A familias poderán cumplimentar as solicitudes de reserva na secretaría do centro ou ben telemáticamente

(/www.edu.xunta.es/admisionalumnado/).

Se desexan tramitar a reserva a través da sede electrónica, deberán utilizar o modelo co código de referencia ED550A

Se a familia presentou a solicitude por vía telemática (sen certificado dixital) deberá entregar no centro a documentación xenerada incluindo o código de solicitude

No impreso poden relacionar ata 6 Centros por orden de preferencia, pero cada alumno e alumna só pode presentar una única solicitude no Centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle (Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en en centros docentes sustentados con fondos públicos) . A solicitude de reserva de praza presentarase no centro de orixe.

A solicitude deberá ser asinada pola nai, pai ou representantes legais da alumna/o.

O proceso de admisión continuará durante os meses de abril, maio e xuño, cunhas datas e prazos que proximamente serán publicados.

4.2.2. Presentación de documentación acreditativa dos criterios de admisión.

No caso que que teñamos máis solitudes que vacantes solicitaremos a presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremación a entregar do 22 de marzo ao 4 de abril de 2018 na secretaría do Centro.

Os criterios de baremación segundo a normativa vixente son:

CRITERIO

PUNTUACIÓN

Irmáns/ás no centro

Primeiro irmán: 8 puntos

Segundo e seguintes: 2 puntos cada un

Traballador do propio centro

3 puntos, non acumulables por ambos proxenitores

Proximidade do domicilio familiar

Na área de influencia: 6 puntos

En áreas limítrofes: 3 puntos

Lugar de traballo do pai/nai/titor

Na área de influencia: 4 puntos

En áreas limítrofes: 2 puntos

Renda anual per cápita da unidade familiar

Inferiores a 0,5 veces o IPREM: 3 puntos

Igual ou superior a 0,5 e inferior a 0,75 veces o IPREM: 2 puntos

Igual ou superior a 0,75 veces e inferior ao IPREM:

1 punto

Igual ou superior ao IPREM: O puntos

Discapacidade igual ou superior ao 33%

Do alumno/a: 4 puntos

Dun pai, nai, titor: 3 puntos

Irmán ou irmá: 1 punto cada un deles

Pertenza a familia numerosa

Categoría Xeral: 2 puntos

Categoría Especial: 3 puntos

Condición de familia monoparental

2 puntos

Criterio complementario do centro: ser antiga/o alumna/o do centro

1 punto

4.2.3. Publicación de ADMITIDOS e NON ADMITIDOS

Publicación dos listados provisionais de admitidos e non admitidos: antes do 25 de abril de 2018.

Publicación dos listados definitivos de admitidos e non admitidos: antes do 15 de maio de 2018.

Prazo para a formalización da matrícula ordinaria: do 25 de xuño ao 10 de xullo de 2018, ambos inclusive.

5.- Horario de atención.

A partir do mes de febreiro, a Dirección do Colexio vos atenderá con previa cita para consultar calquer dúbida.

SECRETARÍA:

Dende as 10:00h ata as 14:00h todos os días.

 

2 thoughts on “Proceso de admisión de novo alumnado para o curso 2018 – 2019.

  1. Buenos días,

    ¿Cuándo salen los listados de admitidos en infantil?
    Gracias

    Like

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

w

Connecting to %s