Grazas Familias

20161212_131819

Grazas a todas as familias de Educación Infantil por colaborar neste proxecto, polo voso entusiasmo, creatividade, orixinalidade, implicación e esforzo. Co avó de Mateo damos por rematada esta aventura.         José axudounos a montar un Belén, construíndo as pezas el mesmo, non é un belén coma todos, no noso temos o Ave que pasa veloz polo portal….Unha viaxe Moi especial!!
A nai de Hyrum visitounos para explicarnos a súa profesión: axente de viaxes! E falounos dunha viaxe máxica que todos queremos facer: coller un avión e chegar ata Finlandia, onde atópase a casa de Papá Noel, na Laponia!! Púxonos un vídeo, onde nos explicaba como se alimentan os renos, así como as casas dos axudantes de Santa Claus: os elfos!!! Que ganas de viaxar ata ese lugar tan máxico!!! Gracias por achegarnos a ese lugar tan fermoso!! Unha clase de música marabillosa!
Visitounos o pai de Aroa, cargado coa súa guitarra, para amosarnos os acordes das cancións que máis nos gustan, nos cantaruxábamos as cancións e él, de xeito abraiante, tocaba á guitarra coa melodía correspondente! Para rematar agasallounos cunhas bonitas guitarras de feltro coa inicial de cada nena e neno! Grazas pola visita!!

“Sombra aquí, sombra alá… maquíllate, maquillate”…
Unha das cousas que mais nos gusta é maquillarnos, é iso foi o que fixemos coa nai de Emma, trouxo maquillaxe especial para que cada un dos nenos e nenas maquillara ao seu compañeiro ou compañeira, ela debuxou unha fermosa estrela na cara e os pequenos e pequenas encargáronse de recheala con maquillaxe, aquí podedes ver o resultado!!! Grazas pola vista!!!

Manualidade navideña:
Visitounos a nai de Valeria para facer unha bonita bóla de Nadal para poñer na árbore! Cargada con bolas de polispan, pegamento e purpurina, fixemos a nosa bóla personalizada!! Encantounos. Grazas pola visita.

Un baile rapeiro!!!
Visitounos a nai de Nicolás Pereira, para ensinarnos unha canción de Enrique Iglesias “Duele el Corazón” pero adaptárona é con moito ritmo bailámola!! Pero o que máis nos sorprendeu foi o baile rapeiro de Nico!!! Encantounos. E para rematar, pintamos os beizos e máis o bigote!! Grazas familia!!

Coa a nai de Laura estampamos tapóns cuns anxiños moi navideños.

Noa, a nai de Gabriel e Claudia, e a súa irmá axudaron a Gabriel a contarnos segredos de súa Mascota Pía. Agora xa sabemos que come Pía e onde lle gusta esconderse cando ten medo.

Coa nai de Naiara Lama estampamos as nosas mans e fixemos unha taxeta navideña coa cara de papá Noel. Divertidísimo!!!

A nai de Naiara e Alexis fixo con nós unhna manualidade de Nadal . Pegamos papeis, algodón y botamos purpurina a nosa árbore. Despois comemos unha chuche dunha árbore que trouxo.

A familia de Brian converteunos en auténticos cociñeiros cuns gorros de chef e cociñou con nós uns porquiños moi gorentosos.

A nai de Brenda fixo cuns roliños con pan de molde e paté. Nós estiramolo pan de molde cuns rolos de cociña e despois untamos, enrolamos e cortamos.

A tía de Laura fixo con nós unhas riquísimas rosquillas e regalounos unhas árbores preciosas feitas pola súa nai e a súa irmá.

Os pais de Julieta explicaronnos como se fai un biscoito e explicaronnos a profesión de Tito , conductor,  montamos en autobús, fixemos paradas…..pasámolo xenial.

A nai de Anxo Pérez contou un conto moi bonito e trouxo unhas ovellas para decorar con algodón.

A familia de Roi Tapia explicounos todas as legumes e hortalizas que ten na horta do seu avó, puidemos aprender a plantar e tamén ver as ferramentas que se empregan.

A nai de Alicia  fixo unha manualidade con nós, unha arbore de nadal, agasallounos cun reno moi orixinal e puidemos disfrazarnos cantando e bailando un vilancico.

A familia de María contounos as vacacións, trouxonos un zoo có que xogamos moito e puidmeos colorar unha ficha moi divertida.

Álbum

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s