As nosas Familias

img-20161121-wa0065

As avoas de Roque viñeron ao cole e trouxeron un gran pentagrama que completamos poñendo as notas musicais e un piano onde estampamos as nosas mans. Ao final todos cantamos a canción  “Mi barba tiene tres pelos”.

A nai de Diego viu ao cole para facer con nós unhas bolboretas con pinza da roupa. Foi unha sesión xenial onde nos manchamos e divertimos moitísimo!
Os pais de Sofía viñeron  contar o conto da ratiña presumida e fixeron con nós unha manualidade moi orixinal cunha castaña. Ademáis trouxeron unha lambetada para cada un.

Verónica fixo a manualidade preferida de Leire, un verme cun anaquiño dunha caixa de ovos.

A mamá e a avoa de Yoel cociñaron unhas ricas brochetas de froitas. Que divertido tocar e ensartar as froitiñas nos  paíños de madeira!

A nai de Yanira fixo unha manualidade con bolas de poliespan. Mirade que bolas-cupcakes tan navideñas e tan divertidas!

A clase de sexto de Educación Infantil, recibiu a visita do pai de Alexis para facer unha divertida careta de Papá Noel, que decoramos con algodón, coramos e para rematar adozounos a mañá cunha piruleta de chocolate.

A nai de Alba visitounos para ensinarnos a facer papiroflexia, nesta actividade aprendemos a facer un can e un gato, que decoramos cos obxectos que trouxo Merchy: ollos móbiles, linguas de feltro e lá. E así de bonitos nos quedaron estes animais.

A nai de Lucas ensinounos a facer madalenas, decorámolas con chocolate e formas de pasta de azucre estaban boísimas.

A nai de Adrián contounos as súas vacacións, ensinounos unha canción moi divertida e fixemos unha careta de león.

Vanesa a nai de Aarón visitounos para facer unhas divertidas maruxiñas, con boliña de polispan para o corpo, boliña de pelo para a cabeza, que decoramos creativamente para despois, poñerlle antenas!!!

Así foi como nos sorprendeu a nai de Jorge, acompañada de Lumit, un simpático alieníxena, ensinounos a facer pratos voadores, que manualidade máis divertida!!!

A nai de Silvia ensinounos a facer un boneco con serraduras, alpiste e medias, agora só quédanos agardar a que lle vaia crecendo o pelo ao noso boneco, non podemos esquecer botarlle auga.

A familia de Xián contounos a historia do Ratiño Pérez, decoramos unha porta máxica que temos que pegar pretiño da nosa cama e para rematar agasalláronnos cunha caixiña para os nosos dentes.

A nai de Candela visitounos para ensinarnos a facer unha bonita árbore de Nadal, que poremos de adorno na árbore das nosas casas, con láminas de feltro, flores douradas, e unha fermosa estrela, conseguimos este fermoso adorno!

Fixemos unha manualidade navideña, pero non unha calqueira, un reno lambisqueiro, recortamos a cartolina e puxémoslle un chupa-chups e… aquí tedes o resultado!!!

Os pais de Brais, sorprendéronnos cunha clase de historia para nenos; a través dunha viaxe que fixeron en familia a Portugal, ensináronnos a viaxe que fixo Cristóbal Colón cara América, no seu barco “La Santa María” e as suas dúas carabelas: “La Pinta” e “La Niña”. Pois ben, fixemos unha embarcación como as de Cristóbal Colón, cada neno elixiu cal ía ser a súa e como colofón final, colocámola nun prato de plástico que enxeñosamente prepararon os pais de Brais, que indicaba o traxecto dende Portugal ata América!!! Moitas grazas pola  implicación e por riba de todo pola aprendizaxe!!

A nai de Carla e o seu padriño axudáronnos a decorar un verme con rotuladores e bastonciños.

A nai de Jacobo , explicou o que era a botella da calma, con purpurina, gomina e auga confeccionámola, foi moi divertido.

Conchi e María visitáronnos equipadas con mandís e gorros de cociñeiros, fixeron  uns ricos creps con chocolate, tona e lacasitos que rico….!!! puidemos mesturar ovos , fariña, leite….. bolboretas  e vermes con froitas

A nai de Iria viu para ensinarnos a facer unhas apetitosas galletas con fondant de cores, tamaños e sabores diferentes. Para iso empregamos pinceis, auga e ante todo moita creatividade!!!

A nai de Leyre e Ali, a súa Irma, viñeron facer con nós uns biscoitos con chocolate e fideos de cores. Pasámolo xenial e estaban tan ricos que chupamos todos os dediños. A nai de Leyre fixo unhas ricas receitas, piruletas de chocolate , e bombóns. Derretemos o chocolate e decoramos as piruletas con virutas de cores . Receta Navideña!!!

A nai e a tía de Paula, visitáronnos para ensinarnos a facer un delicioso e divertido boneco de neve: entre os ingredientes que empregamos foron: nubes de azucre, gominolas, regalicia e unha froita moi rica: o amorodo. Para decoralo boneco: boliñas de caramelo e bolígrafo pasteleiro.

Cociña canina!!! A visita de Ana a nai de Lara, sorprendeunos cunhas deliciosas galletas que entre elas fixeron en casa, pero o que máis nos gustou foron as obleas coa ilustración da patrulla canina, uns debuxos animados que aos nenos da clase encántalles.

Dende o equipo de Educación Infantil queremos agradecer enormemente o voso esforzo e implicación.

Álbum

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s