A Formación Profesional Básica do noso Centro.

OBXECTIVO XERAL

Crear un ambiente de convivencia entre todo o equipo de ensinanza-aprendizaxe, mediante: o cumprimento das normas do Centro, o autocontrol, o esforzo, a espera activa frente a sociedade da inmediatez, o diálogo e o traballo en equipo.book_guide_hero_books

OBXECTIVOS E NORMATIVA

Asemade, aumentar o grao de conciencia medioambiental no noso Centro Educativo, para que dende o noso compromiso cristián melloremos o coidado do noso contorno, entre todos/as

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

  • Traballar o esforzo e manter a esixencia.
  • Conseguir que haxa un respecto entre todos os membros da Comunidade Educativa tendo en conta o compromiso cristián da mesma.
  • Asumir as normas do centro como un paso máis no seu proceso de madurez.
  • Fomentar o traballo en equipo para mellorar a convivencia, o autocontrol e o nivel cultural.
  • Formar, sensibilizar os/as alumnos/as de qué significa o compromiso cristián.
  • Ensinar ós alumnos/as a resolver os conflitos a través do diálogo.
  • Valorar a cultura e a formación como medios para o enriquecemento como persona. A viaxe de fin de curso de 4º de ESO debe estar planificada tendo en conta estes obxectivos
  • Aumentar a conciencia medioambiental nos nosos alumnos/as

NORMATIVA DA FORMACIÓN BÁSICA PROFESIONAL.

  • Asistir a clase con puntualidade e participar nas actividades orientadas ó desenrolo dos plans de estudio. A falta de puntualidade reiterada será sancionada. Acordamos que cada profesor sancionará según crea convinte.
  • Cumprir e respectar os horarios aprobados para o desenrolo das actividades do centro.
  • Seguir as orientacións do profesorado con respecto á súa aprendizaxe e mostrarlle o seu debido respecto e consideración.
  • Respectar o dereito ó estudio dos seus compañeiros.
  • Constitue un deber dos alumnos/as a non discriminación de ningún membro da comunidade educativa por razón de nacemento, raza, sexo ou por calquer outra circunstancia persoal ou social. Tamén deben respectar a liberdade de conciencia e as conviccións relixiosas e morais, así como a dignidade, integridade e intimidade de tódolos membros da comunidade educativa, así como o carácter propio do centro.
  • En caso de faltas de asistencia o alumno/a xustificará dita falta ante todos os profesores e entregará o xustificante á titora. Os titores teñen que recordarlle ós alumnos/as que deben ser eles que xuntifiquen as faltas de asistencia ante cada profesor. Cada profesor contabilizará as faltas da súa materia. Xustificación por escrito ou telefonicamente dos pais / nais das faltas de asistencia ós titores. A xefa de estudos chamará por teléfono para xustificar as faltas de asistencia. Se non contestan ó teléfono mandaráselle unha carta con acuse de recibo para que quede constancia que o centro notificou este feito. En caso de que o equipo docente o considere necesario, o pai ou nai deberá vir á xefatura de estudos a deixar firmadas as faltas de asistencia do alumno/a e aportar o xustificante médico.
  • Para a boa convivencia entre todos os membros da comunidade educativa hanse de respectar as normas básicas de educación como saudar, despedirse, pedir as cousas “por favor”, dar as “grazas”, ceder o paso, falar baixo e non correr polos corredores. O profesor que o vexa esperará a que entren ou salgan tódolos alumnos/as para facer que volva a entrar ou sair axeitadamente. O alumno/a debe manter unha actitude axeitada fronte ós avisos, correccións, cumprimento de sancións se as houbese. Os alumnos/as deben traer o material para realizar as tareas que se fan na aula. A falta de material sancionarao cada profesor na súa aula.
  • Evitamos as pelexas, agresións verbais e faltas de respecto por medio da reflexión e o diálogo. Se se produciran reiteradamente chamarase os seus pais e se o problema non remite reunirase o equipo directivo e tomará as decisións individualizadas tendo en conta a traxectoria de comportamento do alumno/a.
  • Respectamos as nosas instalacións: facémonos responsables de conservar en boas condicións o material de aula e o noso colexio. Os deterioros, roturas pola falta de interese, por desorde ou indisciplina corren a conta dos causantes de tales accións.
  • Dos obxetos de valor, cartos, etc… que poidan ser substraídos polo/as alumnos/as non se responsabiliza o colexio. Eso si, tomaranse as medidas educativas e humanamente posibles para recuperalos. É recomendable tomar medidas preventivas.
  • Está terminantemente prohibido fumar dentro do recinto escolar. Se algún alumno/a fumase dentro do recinto escolar o equipo directivo sancionará dacordo co Reglamento de Réxime Interno
  • Terminantemente prohibido mostrar os móbiles no centro (recreo incluido). En caso de non facelo o móbil será requisado tres días e recollerao o pai, nai ou titor a través da xefa de estudios.
  • Os pais / nais deben acudir ó titor ante calquera necesidade.
  • Para respectar o traballo dos alumnos /as a Dirección e profesores agradecemos que tanto pais / nais como xente allea, non pasen da portería en horario escolar.

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s