A Educación Infantil no noso centro

OBXECTIVO XERALbook_guide_hero_books

Crear un ambiente de convivencia entre todo o equipo de ensinanza-aprendizaxe, mediante: o cumprimento das normas do Centro, o autocontrol, o esforzo, a espera activa frente a sociedade da inmediatez, o diálogo e o traballo en equipo.

Asemade, aumentar o grao de conciencia medioambiental no noso Centro Educativo, para que dende o noso compromiso cristián melloremos o coidado do noso contorno, entre todos/as.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

Adquirir actitudes positivas cara os demais: axudar o compañeir@, compartir, mostrar sentimentos de afecto e pedir perdón.ü Desenrolar actitudes axeitadas ante as normas da escola, os traballos individuais e a participación colectiva. Desenrolar o interés por “aprender” e “facelo ben”.

NORMATIVA

Dirixida os/as pais/ nais /titores

  • Puntualidade nas entradas e saídas.
  • Os pais/nais non entrarán no centro, deixarán ós/ás fillos/as na fila correspondente
  • Aviso das faltas por teléfono ou por escrito.Respectar o uniforme.Tódalas prendas deberán estar marcadas co nome e primeiro apelido; as de colgar terán que levar unha cinta duns 10 cm.
  • O calzado ( tenis ou botas) serán de velcro e tamén virán marcados.
  • Traerán a merenda nunha bolsiña pequena co nome e primeiro apelido.
  • Cumpreanos: @s nen@s poderán compartir unha tarta c@s seus compañeir@s. Non se repartirán bolsas. Soamente se repartirán as tarxetas se se invita a totalidade da clase.
  • Soamente traerán xoguetes á escola en momentos puntuais e co consentimento da mestra.
  • Fomentar hábitos para o coidado do noso entorno.@s pais/ nais/titor@s colaborarán na educación para a saúde rexeitando a “comida-basura”.
  • En 2º e 3º de Educación Infantil proporase @s pais/nais/titor@s un semanario de merendas.
  • @s nen@s deberán ter adquirido o control de esfínteres. Se nalgún momento non os controlan chamarase inmediatamente os/as pais nais/titor@s para que veñan a cambial@s ó centro.

Dirixida o alumnado

  • As actividades que se comenzan terán que rematarse aínda que tardemos un pouco máis.
  • Os materiais que empregamos para xogar ou traballar teremos que recollelos e polos no seu sitio.
  • Non se berra nin se corre na clase e polos pasillos porque impide o traballo dos compañeir@s.
  • Os materiais e xoguetes ímolos tratar con coidado para non rompelos.
  • Os contos nos se poden romper nin ensuciar; témolos que mirar e pasar as páxinas tal e como nos ensina a mestra.
  • @s nen@s desta escola non pegan, nin morden, nin nada que poda facer dano.
  • Na asamblea teremos que mirar a persoa que fala escoitando con atención.
  • @ compañeir@ que queira falar levantará a man.
  • As medidas a adoptar cando non respeten a normativa serán as seguintes:
  • O alumnado que chegue tarde pasarán pola portería.
  • Cando o alumnado non veña debidamente uniformados mandaráselles unha nota @s pais/nais/ titor@s recordándollo.@s nen@s que corran polo pasillo voltarán a face-lo recorrido andando.

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s