Cupido

Os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil, quixemos demostrar o noso amor aos compañeiros e compañeiras da clase, ou amiguiños e amiguiñas que temos noutras etapas educativas…
img-20170217-wa0013E, para iso, empregamos cartolinas, folios, moitas cores, pero, por enriba de todo, verbas de cariño e amor para os nosos destinatarios e destinatarias.
Xa coas cartas preparadas, emprendemos unha pequena viaxe cara a “Caixa de correo de Cupido”, que estaba no primeiro andar da escola.
Unha vez alí, as nosas caras amosan a emoción que sentimos…velaquí o resultado!!!

 

Galería

Guía de Experiencias de Aprendizaxe de Escolas Católicas.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Estamos a vivir un tempo de novas ilusións para os centros, para os equipos directivos -na súa misión de liderado- a para moitos/as dos/as educadores/as implicados todos/as na tarefa educativa e evanxelizadora, que non escatiman en dedicar horas á formación e ao esforzo para vencer os temores e as dúbidas que xorden ao enfrontar o cambio.

Fotos.

Escolas Católicas de Galicia, e nos “Colexio Plurilingüe San José de la Guía”, coma centro pertencente ás mismas, leva anos impulsando esta renovación a través da formación e animando á innovación no eido da pastoral, estimulando a creatividade e o coñecemento. Pero non abonda con sermos escolas excelentes. Neste tempo que nos toca vivir é preciso, non só ser, senon tamén comunicar e compartir o que somos. Isto implica asumir riscos e, a miúdo, expoñerse. Este é un compromiso e una necesidade que se impón para que a escola católica continúe a ter presencia significativa na sociedade de hoxe e na de mañá.

Por todo isto, queremos compartir estos proxectos e a nosa creatividade e tamén coñecer os dos outros centros para que sexan fonte de inspiración e de aprendizaxe para todos nos.